miércoles, 24 de abril de 2019

A oruga Benita




A ORUGA BENITA


Neste blog explicareivos como podemos elaborar a través de materiais de refugallo una oruga empregando a técnica do collage, pintura e papel mollado.





IMG_20150202_170530.JPG



Para comezar mencionarei que materiais necesitamos para a elaboración da nosa oruga Benita:

  1. Huevera
  2. Vaso de plástico
  3. Cola blanca
  4. Temperas de colores
  5. Palliñas
  6. Papel de periódico


Elaboración:

En primeiro lugar debemos coller a nosa huevera e cortala pola metade para posteriormente meterlle papel de periódico dentro coa axuda de cola branca o que fara deste xeito que a nosa oruga que de mais dura e así sexa mais resistente. Unha vez feito isto e deixandoa secar pasaremos a coloreala coa témpera que mais nos guste, eu neste caso escollin a de cor verde.

DSC_0012.JPG











Unha vez pintado o corpo da nosa oruga pasaremos a elaboración da súa cabeza, para isto, colleremos o vaso de plástico e meterémoslle pape de periódico con axuda de cola branca dentro para facer que sexa mais resistente, tamén cubriremos con papel e cola branca por fora para que así una vez que este seco nos sexa mais fácil de pintar. Unha vez seco por último, debemos coller as nosas palliñas e recortalas para facerlle a forma das patas e as antenas da nosa oruga. Unha vez recortadas debemos pegalas a huevera, eu para isto empreguei papel de periódico e cola branca, como podedes ver na seguinte imaxe.

DSC_0016.JPG
Para rematar pintaremos a cabeza como mais nos guste, eu escollin as seguintes cores pero cada un pode escoller a cor que mais lle guste. IMG-20150201-WA0013.jpg Unha vez feito todo o proceso anterior pegaremos o vaso a huevera e xa teremos lista a nosa oruga Benita. IMG_20150202_170530.JPG
Este sería o noso resutado final. Animovos a elaborar esta oruga na vosa clase de Educación Infantil xa que é una maneira de que os nenos/as experimenten a súa creatividade e se acostumen a empregar materiais de refugallo. Con este material podemos traballar as cores, o volumen, as texturas.
Tamén vos animo a que lle deixedes os materias aos nenos/as e lles deixedes elaborar a súa propia construcción, desta maneira, os nenos traballaran a súa propia creatividade experimentando e creando por eles mesmos.
Ademais destes materiais tamén poderíamos deixarlle diferentes materias como una folla, ramas para ir intercalamdo en vez das palliñas con material natural e así poder traballar con mais facilidade a comparación dos elementos, as diferentes texturas e as diferentes formas.



jueves, 11 de abril de 2019

Chapilandia





FLORICHAP


Neste blog explicareivos como podemos con chapas facer una flor usando a técnica de juego de texturas.




Para comezar mencionarei que materiais necesitamos para a elaboración da nosa flor:

  1. Chapas de diferentes colores( Eu escollin de diferentes bebidas pero iso sería ao gusto de cada un).
  2. Cartulina ou cartón.
  3. Lápiz.
  4. Pistola termofusible.

Elaboración:

Para comezar teremos que coller todas as chapas de botellas que teñamos e dividiremolas por colores. A continuación nunha cartulina ou nun cartón debuxaremos a silueta dunha flor para que nos sexa mais fácil a hora de colocar as chapas.

A continuación comezaremos polo centro da flor, eu personalmente escollin as chapas que tiña de cor amarelo pero poderíanse por o gusto de cada un. Para que sexa mais fácil a colocación comezaremos rodeando todo o círculo e a continuación rellenaremos o centro. Debemos ir pegando chapa por chapa coa axuda da termofusible para que queden ben fixas.

Unha vez feito o centro da flor pasaremos aos seus pétalos. Para isto faremos o mismo que fixemos no centro da flor. Iremos pegando chapa por chapa comezando primeiro polas veiras e acabando rellenado o centro de cada pétalo.




Por último colleremos as chapas de color verde e farémoslle o tallo da flor. Sempre seguindo a mesma técnica de ir pegando chapa por chapa para que todo quede ben suxeito.

Por último farémoslle unha pequeña folla no lado do talo para a que empregaremos chapas mais oscuras para xogar cos tonos de colores.


Este sería o noso resutado final. Animovos a elaborar esta flor na vosa clase de Educación Infantil xa que é una maneira de que os nenos/as experimenten a súa creatividade e se acostumen a empregar materiais de refugallo. Con este material podemos traballar as cores, o volumen, as texturas.
Tamén vos animo a que lle deixedes os materias aos nenos/as e lles deixedes elaborar a súa propia construcción, desta maneira, os nenos traballaran a súa propia creatividade experimentando e creando por eles mesmos.
Ademais de chapas tamén poderíamos deixarlle diferentes materias como una folla, ramas para ir intercalamdo as chapas con material natural e así poder traballar con mais facilidade a comparación dos elementos, as diferentes texturas e as diferentes formas.