A ORUGA BENITA
Neste blog explicareivos como podemos elaborar a través de materiais de refugallo una oruga empregando a técnica do collage, pintura e papel mollado.
Para comezar mencionarei que materiais necesitamos para a elaboración da nosa oruga Benita:
- Huevera
- Vaso de plástico
- Cola blanca
- Temperas de colores
- Palliñas
- Papel de periódico
Elaboración:
En primeiro lugar debemos coller a nosa huevera e cortala pola metade para posteriormente meterlle papel de periódico dentro coa axuda de cola branca o que fara deste xeito que a nosa oruga que de mais dura e así sexa mais resistente. Unha vez feito isto e deixandoa secar pasaremos a coloreala coa témpera que mais nos guste, eu neste caso escollin a de cor verde.
Unha vez pintado o corpo da nosa oruga pasaremos a elaboración da súa cabeza, para isto, colleremos o vaso de plástico e meterémoslle pape de periódico con axuda de cola branca dentro para facer que sexa mais resistente, tamén cubriremos con papel e cola branca por fora para que así una vez que este seco nos sexa mais fácil de pintar. Unha vez seco por último, debemos coller as nosas palliñas e recortalas para facerlle a forma das patas e as antenas da nosa oruga. Unha vez recortadas debemos pegalas a huevera, eu para isto empreguei papel de periódico e cola branca, como podedes ver na seguinte imaxe.
Para rematar pintaremos a cabeza como mais nos guste, eu escollin as seguintes cores pero cada un pode escoller a cor que mais lle guste.
Unha vez feito todo o proceso anterior pegaremos o vaso a huevera e xa teremos lista a nosa oruga Benita.
Este sería o noso resutado final. Animovos a elaborar esta oruga na vosa clase de Educación Infantil xa que é una maneira de que os nenos/as experimenten a súa creatividade e se acostumen a empregar materiais de refugallo. Con este material podemos traballar as cores, o volumen, as texturas.
Tamén vos animo a que lle deixedes os materias aos nenos/as e lles deixedes elaborar a súa propia construcción, desta maneira, os nenos traballaran a súa propia creatividade experimentando e creando por eles mesmos.
Ademais destes materiais tamén poderíamos deixarlle diferentes materias como una folla, ramas para ir intercalamdo en vez das palliñas con material natural e así poder traballar con mais facilidade a comparación dos elementos, as diferentes texturas e as diferentes formas.